AGAXORDE, a voz do xornalismo en Galicia

Asociación sen ánimo de lucro que promove a calidade, a ética e o futuro do xornalismo deportivo en Galicia

Impulsamos formación, defendemos a profesión e desenvolvemos accións con impacto social a través do deporte

MEMBRO DA

E DA

AGAXORDE en datos

148

XORNALISTAS 

2024

FUNDACIÓN

+2.500

DÍA DA BICICLETA

18%

ASOCIADAS

Quen somos

A voz do xornalismo deportivo en Galicia

AGAXORDE é a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte e agrupa profesionais do xornalismo deportivo en Galicia nun espazo común de colaboración, formación e desenvolvemento profesional.

A entidade traballa para fortalecer o xornalismo deportivo galego, xerar oportunidades reais para os seus profesionais, dar visibilidade ao sector e defender un exercicio rigoroso, independente e comprometido coa calidade informativa, contribuíndo tamén, a través do deporte, a unha sociedade máis activa e comprometida.

Que facemos

Servizos e oportunidades reais para profesionais do xornalismo deportivo

Rede profesional activa

Conectamos profesionais do xornalismo deportivo en Galicia para compartir información, oportunidades e proxectos.

Formación
continua

Organizamos formación, encontros e recursos para mellorar as competencias profesionais e adaptarse aos cambios do sector.

Visibilidade do sector

Damos visibilidade ao traballo dos xornalistas deportivos e impulsamos iniciativas que fortalecen o sector en Galicia.

Outros servizos

Impulsamos o xornalismo deportivo galego

AGAXORDE promove a formación, o debate e a colaboración entre profesionais, impulsando iniciativas que contribúen á calidade informativa e ao fortalecemento do xornalismo deportivo.

Tamén fomentamos o uso da linguaxe inclusiva e non sexista, hábitos saudables a través do deporte e accións solidarias como a doazón de equipamentos deportivos a colectivos necesitados

Entidades colaboradoras

AGAXORDE colabora con institucións públicas e entidades clave para o desenvolvemento do xornalismo deportivo en Galicia, participando en iniciativas formativas, eventos e proxectos de interese profesional.

A Coruña, cultura de vivir

AGAXORDE colabora con institucións no marco de acordos que contribúen ao financiamento das súas actividades non lucrativas e ao desenvolvemento de iniciativas de interese público

Únete á nosa newsletter

Recibe as últimas novidades no teu correo electrónico

Únete á nosa newsletter

Recibe as últimas novidades no teu correo electrónico

Acordos e colaboracións

Iniciativas e acordos activos con institucións e entidades que apoian o xornalismo deportivo galego